Manuel Dourado Deira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1929 Santa Baia do Araño, Rianxo, Galicia |
Morte | 26 de decembro de 2012 (83 anos) Rianxo, Galicia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Maxisterio e Dereito |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Dourado Deira, nado en Santa Baia do Araño (Rianxo) o 30 de agosto de 1929 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2012[1], foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha humilde familia labrega, practicando a labranza na casa de seus pais até a puberdade. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo tamén o título de Licenciado en Dereito na mesma Universidade. Foi profesor de EXB no colexio Castelao de Rianxo.
Ten exercido tamén o periodismo, particularmente o de opinión, en medios como Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e desde 1988, en El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe. Foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida), 1999, Sotelo Blanco.
- A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, sobre Maruxa Villanueva, 2009, Deputación da Coruña.
- O primeiro retorno de Castelao, 2014, Axóuxere Editora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pesar en Rianxo por la muerte del profesor y escritor Manuel Dourado Deira a los 83 años". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel Dourado Deira na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.