Saltar ao contido

Felip Pedrell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFelip Pedrell

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Felip Pedrell i Sabaté Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1841 Editar o valor em Wikidata
Tortosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 1922 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , profesor de música , musicólogo , crítico musical Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera, zarzuela e Sardana Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJoan Nin i Serra (pt) Traducir e Josep Brocà i Codina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosEnrique Granados../... 35+ Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesCarlos Pedrell (en) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1004207 Musicbrainz: b29d8096-e134-4127-965c-acf7ce651cbe Discogs: 1648004 IMSLP: Category:Pedrell,_Felipe Editar o valor em Wikidata

Felip Pedrell i Sabaté, nado en Tortosa o 19 de febreiro de 1841 e finado en Barcelona o 19 de agosto de 1922, foi un compositor e músico catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Felip Pedrell, Ramon Casas (MNAC).

Tivo os seus primeiros contactos coa música como cantor infantil do coro da catedral de Tortosa. Con 15 anos compuxo un "Stabat Mater" a tres voces. En 1863 Pedrell foi a Barcelona para seguir os seus estudos musicais, pero pronto viaxa a Roma (1876) e París (1877) internado polas Deputacións de Tarragona e Xirona para desenvolver os seus coñecementos musicais. Máis tarde, no ano 1894 trasládase a Madrid onde no ano 1915 se lle nomea profesor do Conservatorio.

Grazas ás súas viaxes a Italia e Francia, Pedrell foi o primeiro músico modernista catalán en contactar coa música estranxeira. Este contacto foi esencial para definir as súas futuras tendencias musicais como compositor de música culta e popular. Foi un dos introdutores en Cataluña e en España da música de Wagner.

Como renovador do panorama musical catalán, tivo un enorme prestixio que o levou a ser o mestre de músicos como Enric Granados, Manuel de Falla, Robert Gerhard, Isaac Albéniz, Lluís Millet e outros.

Pedrell tamén foi fundador de escolas de musicoloxía tanto en Cataluña coma no resto de España. Foi un compositor moi activo, desenvolvendo todos os estilos musicais. Así, ademais das súas ��peras, compuxo tamén unha gran cantidade de obras líricas, poemas sinfónicos e música relixiosa e de cámara. Foi, ademais, un incualificable precursor do nacionalismo catalán.

Obra[editar | editar a fonte]

Composicións de cámara[editar | editar a fonte]

  • Noches de España
  • Nocturn-trio (1873)
  • Orientales
  • Quartet (Cuarteto, 1879)
  • Gaillard (1879)

Corais[editar | editar a fonte]

  • Super Flumina Babilonis

Líricas[editar | editar a fonte]

  • La guardiola (1873)

Misas / Pezas relixiosas[editar | editar a fonte]

  • Al·leluia (1865)
  • Missa per dues veus i orgue (1857)
  • Tres Misses per tres veus i orgue (1861, 1865 e 1866)

Óperas[editar | editar a fonte]

Poemas sinfónicos[editar | editar a fonte]

  • La veu de les muntanyes (1877)
  • I trionfi (1880)
  • Excelsior (1880)