Amálgama (conxugación)
A amálgama é un proceso de fusión de dous ou máis elementos lingüísticos (fonemas ou morfemas) de xeito que no resultado non pode percibirse xa o límite entre as compoñentes orixinais, nin en forma nin en significado. Por exemplo na conxugación do presente de indicativo de cantar aparecen unha raíz e dous morfemas, un de tempo e outro de número e persoa, evidentes sobre todo cando se compara coa conxugación noutros tempos, por exemplo o antepretérito e o subxuntivo:
Forma | Significado (↓) / Formas dos morfemas (→) | Raíz | Presente de indicativo |
Presente de subxuntivo |
Antepretérito de indicativo |
Número e persoa | |
cantas | 2ª singular | PresInd | cant- | -a- | s | ||
cantamos | 1ª plural | PresInd | -a- | mos | |||
cantades | 2ª plural | PresInd | -a- | des | |||
cantes | 2ª singular | PresSub | -e- | s | |||
cantemos | 1ª plural | PresSub | -e- | mos | |||
cantedes | 2ª plural | PresSub | -e- | des | |||
cantaras | 2ª singular | Antepret | -ara- | s | |||
cantaramos | 1ª plural | Antepret | -ara- | mos | |||
cantarades | 2ª plural | Antepret | -ara- | des |
Ata aquí todo parece coincidir:
- morfemas de tempo
- Presente de indicativo: -a-
- Presente de indicativo: -e-
- Antepretérito: -ara-
- morfemas de número e persoa
- 2 singular: -s
- 1 plural: -mos
- 2 plural: -des
Seguindo estas regras pódense deducir os morfemas de 3ª singular (0 ou nulo) e de 3ª plural (-n), pero ó chegar á 1ª singular (cantara, cante, canto) hai unha discordancia:
- no Antepretérito (morfema de tempo: -ara-) o morfema de número é 0 ou nulo;
- no Presente de subxuntivo (morfema de tempo: -e-) o morfema de número é tamén 0 ou nulo;
- pero no Presente de indicativo (canto) o morfema de tempo -a- desaparece e aparece unha combinación de -a- + 0.
Este morfema -o reúne os significados de tempo, número e persoa, sen que se poida establecer unha división interna que asigne a cada parte cada un dos significados parciais. A amálgama faise patente sempre realizando a proba de conmutación e substitución lingüística entre tódalas formas do paradigma.
En realidade, esta amálgama dáse case sistematicamente na conxugación verbal entre:
- o número e a persoa, de xeito que dificilmente é se pode definir un morfema de plural distinto do de singular (que nos substantivos é -s ou -es ou -is) separable do de persoa.
- entre o tempo e o modo, de xeito que é difícil establecer uns morfemas distintivos de indicativo, subxuntivo, imperativo e formas impersoais do verbo