Saltar ao contido

Alfabeto copto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O alfabeto copto é o alfabeto utilizado para escribir a lingua copta. Esta lingua é o herdeiro moderno do exipcio, escrito con anterioridade mediante os xeroglíficos, que deixou de ser unha lingua viva no século X pero continúa a ser empregada como lingua litúrxica da Igrexa Ortodoxa Copta. O alfabeto copto é, xa que logo, unha escritura «sagrada».

A escritura xeroglífica antiga cedeu o seu posto, para escribir a lingua copta, a un alfabeto derivado do grego, cuxas letras se tomaron prestadas a finais do século I. A nai deste alfabeto é, pois, o grego uncial. Como a lingua copta era foneticamente distinta da lingua grega, houbo que completar o alfabeto de vinte e catro letras con sete signos suplementarios, que se tomaron do demótico, escritura de orixe xeroglífica que precedeu ao alfabeto copto e deixou de ser utilizado durante o século V. Á Inversa, algunhas letras gregas eran inútiles para a notación do copto, pero foron conservadas para a notación de termos tomados do grego bíblico.

O alfabeto copto está hoxe reservado aos textos cristiáns. Con todo, servía ao principio para escritos de variado contido, como textos «máxicos». Para W. V. Davies (cf. bibliografía), a importación de letras gregas nesta lingua ─ que podía utilizar unha escritura ancestral pero foneticamente imprecisa ─ explicaríase pola necesidade de representar o máis fielmente posíbel os sons das fórmulas máxicas. O alfabeto nas súas versións máis antigas non está normalizado e contén, segundo os lugares e os dialectos, numerosas letras saídas do demótico que non se conservaron na versión definitiva, que está ben testemuñada a partir do século IV. Co transcurso dos séculos, os documentos relixiosos empezaron a predominar sobre os profanos, entre os que se podías atropar cartas, correspondencia comercial e textos legais.

Feito notábel, o alfabeto nubio deriva do alfabeto copto malia as linguas non teren relación ningunha entre elas.

Nota: todas as transcricións fonéticas seguen os usos do API.

damos as letras do alfabeto bohaírico. Como a orixe grega uncial é evidente, non a damos (por exemplo, e veñen de e etc.). É de remarcar a presenza esperada do sigma lunar. Para as letras saídas do demótico, véxase máis abaixo. Para os dous valores fonolóxicos indicados así como o nome das letras, véxase máis abaixo.

As letras utilízanse tamén ─ a partir do bohaírico ─, como en grego, en función de números (onde a presenza no alfabeto dun signo non literal e puramente numeral, sou, saído do digamma grego, e dunha ligatura abreviativa, o barrado, cun valor de 900, en lugar do sampi grego); consultar numeración copta para máis detalles. O sa’ídico semella ignorar unha práctica tal e nota os números enteiros.

Trazado Nome Transliteración Valor 1 Valor 2 Número
alpʰa a /a/ 1
bēta b /b, v/ 2
gamma g /k/ /g, ŋ, ɣ/ 3
dalda d valign="top" | /d/ /d, ð/ 4
ei e /e/ 5
sou (6)
zēta z /s/ /z/ 7
ēta ē /eː/ /ɛː, i/ 8
tʰēta /tʰ/ /tʰ, θ/ 9
iōta i /i, j/ 10
kappa k /k/ 20
laula l /l/ 30
m /m/ 40
n /n/ 50
kˢi /ks/ 60
ou o o 70
pi p /p/ 80
r /r/ 100
sēmma s /s/ 200
tau t /t/ /t, d/ 300
he u /u, w/ /u, w, i, v/ 400
pʰi /pʰ/ /pʰ, f/ 500
kʰi /kʰ/ /kʰ, χ, ʃ/ 600
pˢi /ps/ 700
ō ō /oː/ 800
šai š /ʃ/
fai f /f/ 90
ḫai /x/
hori h /h/
ḏanḏia ḏ (j) /ʤ/ /ʤ, g/
čima č /q/ /ʧ/
ti ti /ti/
pˢis ənše 900

As sete últimas letras do alfabeto non son de orixe grega senón tomadas do demótico exipcio. Permiten notar sons que o grego da época non coñecía e non sabía, polo tanto, escribir. A súa orixe é ben coñecida: pódense en efecto remontar xeroglíficos ata a letra copta pasando polo trazado demótico

xeroglífico   demótico   copto
SA
f
M12
F18
Y1
U29
k
D37
t

Maiúsculas

[editar | editar a fonte]

O alfabeto copto pódese considerar bicameral: cada letra posúe unha capital e unha minúscula. De feito, agás en certos estilos particularmente adornados, as capitais non son máis que minúsculas de gran formato e non precisan unha aprendizaxe separado. Non hai nada comparábel no caso do grego actual, no que a minúscula de Ν é ν, por exemplo. A letra ḫai é probabelmente a única cuxas dúas variantes son diferentes independentemente do estilo: Ϧ en capital, ϧ en minúscula.

Nome das letras

[editar | editar a fonte]

neta táboa aparece un dos numerosos nomes posíbeis para cada letra, grosso modo son os dados pola gramática de Plumley (cf. bibliografía). Pódese considerar que son os nomes antigos.

Os nomes des letras non están en efecto realmente normalizados e neste ámbito atopámonos con moitas variantes segundo os textos: mínimos (a letra fai pode ser chamada fei) ou máis notábeis (he é a miúdo designada co nome epˢilon nos textos recentes). A helenización da pronunciación (véxase máis abaixo) desempeñou con seguridade un papel non pequeno, o mesmo que as obrigas ligadas á lingua copta mesma: a aparición dunha vogal epentética en inicio de palabra nunha sílaba que en caso contrario empezaría por dúas consoantes é visíbel en casos como kˢi a miúdo chamado ekˢi.

Transliteración e codificación

[editar | editar a fonte]

A partir de agora, as palabras codificadas en alfabeto grego en itálica hai que lelas como se estivesen escritas en copto. En efecto, Unicode non distingue aínda os dous bloques de caracteres (véxase máis abaixo). As palabras escritas en grego en romana deben ser entendidas como grego.

Por razóns de simplicidade, eliximos representar o sēmma (sigma grego) pola letra latina c: en efecto, como o copto tomou prestado o sigma lunar grego, non coñece a variante final ς. Escribir σ en fin de palabra sería demasiado estraño para o ollo habituado a ler o grego Tamén é máis prudente codificarmos o sigma lunar por medio dun c mellor que polo carácter grego previsto en Unicode (ϲ U+03F2), que non sempre está presente nas fontes habituais.

Escollemos unha transliteración e non unha transcrición para as palabras coptas. Esta transliteración é bixectiva: a cada símbolo ou dígrafo simbólico escollido só pode corresponder unha soa letra copta e á inversa, de onde a notación das consoantes aspiradas par un ʰ. Así, (φ) non pode ser confundido coa secuencia de letras ph (πϩ). Notar que pode ser substituído facilmente por j. A presenza dun ḏinkim (véxase máis abaixo) é indicada par un ə en superíndice: ρ̄ é transliterado como ər.

Valor das letras

[editar | editar a fonte]

As diferentes fontes consultadas dan para certas letras valores moi diferentes, segundo que se sitúen nunha perspectiva histórica (o copto tal e como se falaba no pasado) ou actual (tal e como se pronuncia agora nas cerimonias relixiosas). Ademais, compre distinguirmos a pronunciación sa’ídica (dialecto agora extinto) da bohaírica (único dialecto aínda «vivo»). Os textos recentes consagrados ao copto xeralmente insisten máis sobre a pronunciación bohaírica litúrxica actual. Dúas obras, non obstante, apóianse sobre a pronunciación antiga: o artigo de Ritner e a gramática de Plumley (cf. bibliografía).

Por outra parte, segundo Emile Maher Ishak (cf. bibliografía), a pronunciación bohaírica da lingua copta tería sido aproximada artificialmente á do grego moderno a mediados do século XIX, co fin de permitir unha fusión entre a igrexa ortodoxa grega e a de Exipto, fusión que finalmente non tivo lugar. Este movemento de helenización, baixo a éxida do pope Cirilo IV e de Arian Girgis Moftah, profesor de copto litúrxico, foi aceptándose global e paulatinamente: hoxe, agás en escasas igrexas, o copto é lido «á grega». Porén esta pronunciación é considerada artificial (e aínda por riba non se aplica a todas as palabras: para non contravir os usos establecidos, os nomes propios, por exemplo, pronúncianse a miúdo «á antiga»). Considérase, pois, que pertence ao «antigo bohaírico» unha pronunciación máis hipotética restituída e que data de antes da helenización, pronunciación que ─ con razón ou sen ela ─ ás veces se di que se corresponde coa do sa’ídico.

Na táboa inferior, indicamos como primeiro valor o probábel do sa’ídico (ou do «antigo bohaírico»), restituído a partir do exipcio clásico, das prácticas escriturarias antigas e do valor das letras gregas na época de adaptación do alfabeto. O segundo valor é o do bohaírico helenizado actual. Imos describir os dous sistemas.

Consoantes aspiradas e consoantes dobres

[editar | editar a fonte]
Pronunciación antiga / sa’ídico
[editar | editar a fonte]

As consoantes aspiradas gregas empregáronse ao principio como atallos que permitían notar unha consoante oclusiva seguida de /h/. Así, θ correspondía á secuencia de consoantes τϩ, ou sexa /th/. Tales letras transcribían, pois, dúas consoantes e non unha soa (en grego antigo, θ líase /tʰ/). Atopamos, por exemplo, as grafías equivalentes θε ou τϩε /the/ (e non /tʰe/ xa que as consoantes aspiradas non existen en copto) para o palabra «camiño». A utilización destas letras, en sa’ídico, é moito máis limitada que en bohaírico (as máis das veces atoparémolas en palabras de orixe grega cando non serven de atallo, é dicir, de letra dobre); o mesmo se pode dicir de φ e χ, que poden substituír πϩ e κϩ.

O caso é similar coas dúas consoantes dobres gregas ξ e ψ, que, nos textos antigos, serven ás veces de atallo para κc e πc, sen que o seu uso sexa obrigatorio (ao contrario do grego). Por exemplo, o número 9 pode escribirse πcιc ou ψιc.

Pronunciación helenizada
[editar | editar a fonte]

Actualmente, na pronunciación bohaírica helenizada as consoantes aspiradas se pronuncian ben como simples (θ vale logo τ, φ lese π e χ como κ) ben dunha maneira similar á pronunciación do grego moderno (pero adaptada a unha poboación maioritariamente arabófona).

  • θ: tras c, τ, υ, e ϣ → /t/, se non → /θ/;
  • φ: nun nome propio → /f/, se non → /v/;
  • χ: nunha palabra copta → /k/, sei non (principalmente en palabras gregas) → /x/ tras α, ο e ω, /ʃ/ tras ε, η, ι e υ (por imitación do grego [ç]).

A utilización das aspiradas así como das consoantes dobres (cuxa pronunciación non suscita problema ningún) é máis frecuente en bohaírico que nos textos máis antigos.

Oclusivas sonoras e zēta

[editar | editar a fonte]
Pronunciación antiga / sa’ídico
[editar | editar a fonte]

As letras gregas γ, δ e ζ, pronunciadas /g/, /d/ e /zː/ en grego antigo, forman parte das que ben se podía aforrar o copto, xa que os sons en cuestión non son fonemas do copto antigo (mentres que o β grego, que xa pasara a /v/ na época medieval, era útil). Nos textos antigos, nótase unha grande propensión á confusión coas xordas máis ou menos equivalentes: así, γ alterna con κ ou ϭ (que, en sa’ídico, non se le /ʧ/ senón probabelmente /q/), δ con ϯ, ζ con c.

Como regra xeral, estas consoantes empréganse principalmente (pero non exclusivamente) en préstamos do grego.

Pronunciación helenizada
[editar | editar a fonte]

A do bohaírico actual está moi afastada da pronunciación antiga. Estas letras aparecen tamén sobre todo en palabras prestadas do grego:

  • β: ao final dunha palabra ou nun nome propio → /b/; se non → /v/ ;
  • γ: ante ε, ι, η e υ → /g/; ante γ e χ → /ŋ/ (como en grego desde a Antigüidade); se non → /ɣ/ ;
  • δ: nun nome propio → /d/; sinon → /ð/.

Notar que aquí se entende vogal no senso de «vogal gráfica» e non fonolóxica: en efecto, as vogais do copto poden tamén servir para notar consoantes.

Pronunciación antiga / sa’ídico
[editar | editar a fonte]

Parece que a cantidade vocálica (diferenza entre vogais breves e vogais longas) é pertinente en copto antigo. A lingua coñece tres timbres fonolóxicos fundamentais, /a/, /e/ e /o/. Estes nótanse con α /a/, ε /e/ e ο /o/ para as breves, ι /i/ (ou η /eː/), η /ē/ e ω /oː/ (ou ου /uː/) para as longas: os timbres non se corresponden xa que logo exactamente (a causa probabelmente dunha apofonía) e non parece que ι sexa por forza unha vogal longa.

A vogal /uː/ así como a consoante /w/ escríbense regularmente grazas ao dígrafo ου, pois a letra υ soa está reservada para as palabras gregas ou como segundo elemento de ditongo. Por exemplo, νουτε /nuːte/, «deus» e ουααβ /waab/, «santo». A vogal /i/ e a consoante /j/ escríbense de maneira diferente: ι serve para a vogal, ει para a consoante en inicio de sílaba (por veces ϊ, forma máis común en bohaírico), ϊ en fin de sílaba. Así: ψιc /psis/, «9», ειωϩε (máis raro: ϊωϩε) /joːhe/ «campo», ηϊ /eːj/, «casa».

Pronunciación helenizada
[editar | editar a fonte]

Outros detalles

[editar | editar a fonte]
  • as letras π e τ son, á maneira grega, susceptíbeis de seren sonorizadas tras μ ou ν → /b/ e /d/ ;
  • a letra ϫ compórtase como un g francés: pronúnciase «suave» ante ε, η, ι e υ → /ʤ/ (por veces realizado [ʒ]), «duro»; noutro contexto → /g/.

Este signo (transcrito máis a miúdo jinkim), moi frecuente, indica que a consoante soante que o leva está vocalizada. Na práctica, pronúnciase cun schwa [ə] ou un [e] lixeiro (representado aquí cun ə na transliteración). O ḏinkim trázase de forma diferente segundo os dialectos: en sa’ídico, é un macrón, un acento grave en akhmimico e fayoumico, un acento grave ou un punto subscrito en bohaírico. Actualmente, é o macrón o que parece ser preferido nas edicións recentes.

Puntuación

[editar | editar a fonte]

Outros signos

[editar | editar a fonte]

O fonema /x/ non existe en sa’ídico. A letra ḫai non se emprega, pois, nese dialecto. A forma usual, , é propia do bohaírico. Hai pegada dela en akminmico ; esta segunda grafía non provén do demótico senón dun hori barrado.

Esta «letra», , só se usa na numeración (co valor 6), cousa que explica que aquí estea representada coa súa barra subscrita. Remonta claramente ao digamma grego n súa grafía antiga, Ϝ, letra que, xa en grego, xa non tiña valor literal (agás cando foi confundida cun stigma).

Abreviaturas e ligaduras

[editar | editar a fonte]

A semellanza do grego, ao que copiou, o copto desenvolveu moitas ligaduras e signos de abreviación. Os máis notábeis son os caracteres compostos e a ligadura abreviativa seguintes:

Signo et
Lese... cταυροc
stauros
χρονοc μαρτυρων
kʰronos marturōn
ψιc ν̄ϣε
pˢis ənše
ϭωιc
čōis
Sentido «Cruz»  «Tempo dos mártires» (era de Diocleciano) 900 «Señor»

As outras abreviacións atinxen sobre todo aos nomes propios bíblicos gregos e semíticos: están contraídos e representados por dúas ou tres letras da palabra, letras que aparecen as máis das veces subliñadas. Así, χ̅c̅ representa Χριcτοc, Cristo. Os usos son semellantes aos seguidos nos manuscritos gregos.

Signos didácticos

[editar | editar a fonte]

Este signo, un dobre guión, serve, nas obras didácticas, para indicar que unha palabra está no estado pronominal (seguida dun sufixo pronominal). O guión simple é o que serve para indicar o estado construto do verbo ou da preposición (cando a forme vai seguida dun complemento nominal). A forme absoluta, no caso contrario, preséntase sen o guión. Cando a tipografía editorial se adapta ao estilo das letras coptas, este dobre guión toma fasquías máis inclinadas. De feito, é posíbel substituílo polo signo = (cousa que faremos aquí). Unicode prevé consagrarlle un lugar.

Pódese saber así, nas gramáticas e nos dicionarios, que tal preposición ou tal verbo ha de ser seguido dun complemento nominal, que tal outra forma debe ser seguida dun sufixo persoal:

  • κοτ= kot= «construír» → estado pronominal (exemplo: κοτ=ϥ̄ kot=əf «construílo», como en «cómpre construílo») ;
  • κετ- ket- : « construír» → estado construto (como en κετ-πηϊ ket-pēï, «construír [unha] casa»).

Nun dicionario, poderíamos atopar as indicacións seguintes:

ε- e-, ερο= ero=, preposición, «para».

Cumpriría, logo, comprendermos que a preposición que significa «para, a» ten a forma ε e cando ten como réxime un nome, a forma ερο ero cando é un sufixo persoal: επηϊ epēï «á casa», εροϥ erof «para el».

Estes usos son idénticos aos que atopamos en exiptoloxía: consultar Transcrición dos xeroglíficos para máis detalles.

Sentido da lectura

[editar | editar a fonte]

Un feito remarcábel, posto que o demótico se lía de dereita a esquerda, o copto, por imitación do grego, lese exclusivamente de esquerda a dereita.

Codificación informática

[editar | editar a fonte]

Polo momento, Unicode (na súa versión 4) non distingue as letras gregas das letras coptas, considerando que o copto só é unha variante gráfica e «estilística» do grego. Téñense posto moitas peticións para que as dúas grafías se separen («desunificadas») . O alfabeto copto debería estar integrado en Unicode (probabelmente no plano multilingüe de base).

A existencia das letras demóticas, porén, forzou, desde as primeiras versións de Unicode, a garantir unha codificación dos caracteres específicos, que están situados no bloque «Grego e copto». Eses caracteres son os seguintes:

  • šai en capital Ϣ (U+03E2) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA2 ;
    • UTF-8, representación octal
\317\242 ;
    • entidade dixital decimal HTML : Ϣ ;
  • šai en minúscula ϣ (U+03E3) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA3
    • UTF-8, representación octal : \317\243
    • entidade dixital decimal HTML : ϣ
  • fai en capital Ϥ (U+03E4) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA4 ;
    • UTF-8, representación octal : \317\244 ;
    • entidade dixital decimal HTML : Ϥ ;
  • fai en minúscula ϥ (U+03E5) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA5 ;
    • UTF-8, representación octal : \317\245 ;
    • entidade dixital decimal HTML : ϥ ;
  • ḫai en capital Ϧ (U+03E6) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA6 ;
    • UTF-8, representación octal : \317\246 ;
    • entidade dixital decimal HTML : Ϧ ;
  • ḫai en minúscula ϧ (U+03E7) :
    • UTF-8 : 0xCF 0xA7 ;
    • UTF-8, representación octal : \317\247 ;
    • Referencia decimal : ϧ ;
  • Ϩ
  • ϩ
  • Ϫ
  • ϫ
  • Ϭ
  • ϭ
  • Ϯ
  • ϯ

Se o alfabeto copto debe integrarse no Unicode pola desunificación, estas letras non han poder, con todo, situarse no novo bloque de caracteres (posto que normalmente non se pode desprazar caracteres xa existentes).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Charles Higounet, L'écriture, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e édition de 2003 ;
  • Wolfgang Kosack, Koptisches Handlexikon des Bohairischen. Koptisch - Deutsch - Arabisch. Verlag Christoph Brunner, Basel 2013, ISBN 978-3-9524018-9-7.
  • The World's Writing Systems, article « The Coptic Alphabet » de R. K. Ritner, Oxford University Press, Oxford, 1996 ;
  • Reading the Past, artigo « Egyptian Hieroglyphs » de W. V. Davies, British Museum Press, Londres, 1990 ;
  • Emile Maher Ishak, The Phonetics and Phonology of the Bohairic Dialect of Coptic, Oxford University Press, Oxford, 1975 ;
  • Charles Fossey, Notices sur les caractères étrangers anciens et modernes rédigées par un groupe de savants, presses de l'Imprimerie nationale, Paris, 1948 ;
  • J. M. Plumley, An Introductory Coptic Grammar (Sahidic Dialect), Home & van Thal, Londres, 1948 (edición electrónica consultábel en liña);
  • W. E. Crum, A Coptic Dictionary, Clarendon Press, Oxford, 1939 (edición electrónica consultábel en liña);
  • Reichsdruckerei, Alphabete und Schrifzeichen des Morgen- un Abendlandes, zum allgemeinen Gebrauch mit besonderer Berücksichtigung des Buchwerbes, Berlin, 1924 ;
  • Jean-François Champollion, Grammaire égyptienne, fac simile da edición orixinal editada entre 1836 e 1841 por Firmin Didot, éditions Solin, Acte Sud, Paris, 1997;
  • Jean-François Champollion, Dictionnaire égyptien en écriture hiéroglyphique, Paris, Firmin-Didot Frères, 1841-1843 (edición electrónica consultábel en liña).

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]