50 metros lisos
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/51/Asv-koeln-1997-donovan-bailey.jpg)
Os 50 metros lisos son unha disciplina do atletismo que consiste en correr no menor tempo posíbel 50 metros en liña recta sobre unha superficie cha sen obstáculos.
Os récords e as melllores marcas persoais acádanse frecuentemente nos meses de febreiro ou marzo en competicións en pista cuberta.
Historia
[editar | editar a fonte]En Europa, os Xogos Europeos en pista cubrta celebráronse por primeira vez en 1966 e, desde 1970, denomínanse Campionatos de Europa en pista cuberta.[1] [2]
Atletas participantes
[editar | editar a fonte]É unha proba practicada sobre todo por atletas moi novos (de 13 anos de idade, ou menos) e destinada a avaliar as cualidades de velocistas dos nenos e nenas evitando un sobreesforzo no adestramento. Pero tamén se celebran competicións de atetas sénior. Practícase en pista cuberta ou ao aire libre.
Récords mundiais
[editar | editar a fonte]Homes
[editar | editar a fonte]O récords do mundo en categoría masculina posúeo na actualidade o xamaicano nacionalizado canadense Donovan Bailey, con 5,56 seg, alcanzado o 9 de febreiro de 1996 en Reno, Nevada (Estados Unidos),[3] [4] aos 29 anos.[4]
Mulleres
[editar | editar a fonte]Na categoría feminina o récord mundial posúeo a rusa Irina Privalova, con 5,96 seg, conseguido o 9 de febreiro de 1995 en Madrid,[5] [6] aos 27 anos.[6]
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia destaca a marca de Ana Peleteiro, 6,66 seg, rexistrada na Coruña en pista cuberta o 9 de febreiro de 2013, aos 18 anos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EUROPEAN INDOOR CHAMPIONSHIPS (MEN), na Web gbrathletics.com
- ↑ European Athletics Indoor Championships Statistics – Women na Web de European Athletica.
- ↑ Récords 50 metros en pista cuberta, homes, na web da IAAF.
- ↑ 4,0 4,1 Donovan Bailey, Perfil na web da IAAF.
- ↑ Récords 50 metros en pista cuberta, mulleres, na web da IAAF.
- ↑ 6,0 6,1 Irina Privalova. Perfil na web da IAAF.
- ↑ Ana Peleteiro. Perfil na web da IAAF.