Temas

Todos os temas

Total

Total

  • Versión 2.1.69
  • Última actualización Xullo 20, 2024
  • Instalacións activas 40.000+
  • Versión de PHP 5.6

Total é, como suxire o nome, un tema completo con todas as características que necesitas para facer unha web completa. O tema ten un deseño limpo e elegante con vibrantes cores (opción de cambio de cor do tema) e seccións Parallax. A páxina de inicio ten carrusel, sección de destacados con iconas, sección sobre nós con barra de progreso, sección de porfolio con deseño de muro, sección de equipo, sección de recomendacións, sección de contador, sección de blog con opción para engadir 3, 6 ou 9 entradas de blog, carrusel de logotipos de clientes e sección de chamada á acción. O tema é totalmente adaptable e está creado no personalizador para permitirche configurar a web con vista previa en vivo. O tema está preparado para SEO, compatible con todos os navegadores, totalmente listo para a súa tradución e é compatible con WooCommerce, un plugin de comercio electrónico, e todos os demais principais plugins. O tema tamén se pode usar cos principais maquetadores de páxinas, como Elementor, SiteOrigin, WpBakery VisualComposer e Beaver Builder. DEMOSTRACIÓN: https://hashthemes.com/wordpress-theme/total/

Descargas diarias

Instalacións activas: 40.000+